Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

domingo, 13 de decembro de 2015

As ANPAS galegas na Costa da Morte traballan nun proxecto de educación sanitaria en nenos con enfermidades crónicas


Pódese ler a nova na Voz de Galicia na seguinte ligazón:

ANPAS galegas e educación sanitaria en nenos con enfermidades crónicas

Denuncian a falta de coordinación entre Educación e Sanidade e a falta de atención educativa nos nenos con problemas deste tipo que lles impide ter unha asistencia e seguimento normal das clases.

luns, 30 de novembro de 2015

Charla Coloquio sobre Dereito a Morrer Dignamente. A Coruña 18 de novembro de 2015

SOS Sanidade Pública A Coruña organizou unha charla coloquio sobre o DEREITO A MORRER DIGNAMENTE o 18 de novembro de 2015.

Participaron
Emilia Irimia, Presidenta de DMD Galicia
Ascensión Cambrón, antigua participante do Comité de Ética Asistencial do CHUAC e profesora de Filosofía de Dereito da Universidade de A Coruña
Juan San-martín, xefe da Unidade de Coidados Paliativos do CHUAC

Presenta e modera
Ramón Veras, en representación da Plataforma de defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña, SOS Sanidade Pública de A Coruña


Durante a charla, á que asistiron moitas persoas, falouse de eutanasia, do marco legal español e europeo sobre morte digna, de instrucións previas e posibles modelos a utilizar, da propia asociación de dereito a morrer dignamente e dos coidados paliativos, do que é e non é a sedación, os coidados ao final da vida, os recursos existentes e os que faltan.











SOS Sanidade Pública denuncia os recortes constantes de camas de coidados paliativos así como a falta de hospitalización a domicilio fóra da cidade da Coruña, non puidendo acceder a este recurso as persoas que viven fóra da cidade.






mércores, 4 de novembro de 2015

SOS Sanidade Pública apoia a concentración no Hospital de A Coruña pedindo aumento de persoal


SOS Sanidade Pública apoia a concentración dos traballadores do CHUAC que van realizar mañá xoves día 5 ás 11 horas na rotonda do Hospital.
Motivos sobran para a súa petición de incremento urxente de persoal. O PP, e Feijoo en especial, fixo da redución de persoal público un obxectivo prioritario.
Entre o 2009 e o 2014 o sergas reducíu persoal en 2094 traballadores, un verdadeiro ERE do 6% da plantilla.

 

Os recortes do PP foron fundamentalmente en:
- redución de persoal
- gasto farmacéutico (con redución de prezos pero tamén con copago e deixar de financiar medicamentos)
- restrición de acceso á poboación máis vulnerable e fráxil
- redución de prestacións asistenciais tamén cos colectivos máis indefensos, como pode ser saúde mental ou a muller en xeral.

Non se cubriron xubilacións, non se creou unha praza nova. Agora van abrir tres centros de saúde na nosa comarca (Temple, Portazgo e Vilarrodrís) e non vai aumentar a plantilla real en ningunha praza. Parece que vai aumentar no Temple 1 médico pero vai ser unha praza que van levar doutro centro de saúde. Ou sexa: tres centros novos e 0 prazas novas.

Recientemente quixeron poñer en marcha un cambio nas gardas médicas hospitalarias que consistía en que o Hospital de Oza quedase cuberto só con 1 MIR. Este plan quedou aparcado debido á resistencia dos profesionais pero iso era o que quería facer esta Xerencia. 1 MIR a cargo dun hospital! Alguén ve isto racional?
Agora queren poñer en marcha gardas de neuroloxía pero de modo localizado, o que vai supoñer menor máis cansanzo para os profesionais e peor retribución.

A realidade é que a perda de persoal está deixando na precariedade extrema varias unidades (neurocirurxía, neuroloxía, neumoloxía, infecciosos, urxencias, farmacia, laboratorios, radioloxía, cociña, Oza, centro de saúde de Ventorrillo, Matogrande, Culleredo, Cambre, Arteixo,...

A falta de persoal repercute directamente na asistencia sanitaria tanto na súa calidade como na súa accesibilidade e aí se ven as listas de espera, incluso en atención primaria.

SOS Sanidade Pública pide o apoio para esta concentración convocada pola Xunta de Persoal. Motivos sobran.

Un saúdo
Ramón Veras Castro, en representación da Plataforma pola mellora e defensa da sanidade pública de A Coruña (SOS Sanidade Pública A Coruña). 696394788



SOS Sanidade Pública apoia a concentración dos traballadores do CHUAC que van realizar mañá xoves día 5 ás 11 horas na rotonda do Hospital.
Motivos sobran para a súa petición de incremento urxente de persoal. O PP, e Feijoo en especial, fixo da redución de persoal público un obxectivo prioritario.
Entre o 2009 e o 2014 o sergas reducíu persoal en 2094 traballadores, un verdadeiro ERE do 6% da plantilla.

Os recortes do PP foron fundamentalmente e
n:
- redución de persoal
- gasto farmacéutico (con redución de prezos pero tamén con copago e deixar de financiar medicamentos)
- restrición de acceso á poboación máis vulnerable e fráxil
- redución de prestacións asistenciais tamén cos colectivos máis indefensos, como pode ser saúde mental ou a muller en xeral.

Non se cubriron xubilacións, non se creou unha praza nova. Agora van abrir tres centros de saúde na nosa comarca (Temple, Portazgo e Vilarrodrís) e non vai aumentar a plantilla real en ningunha praza. Parece que vai aumentar no Temple 1 médico pero vai ser unha praza que van levar doutro centro de saúde. Ou sexa: tres centros novos e 0 prazas novas.

Recientemente quixeron poñer en marcha un cambio nas gardas médicas hospitalarias que consistía en que o Hospital de Oza quedase cuberto só con 1 MIR. Este plan quedou aparcado debido á resistencia dos profesionais pero iso era o que quería facer esta Xerencia. 1 MIR a cargo dun hospital! Alguén ve isto racional?
Agora queren poñer en marcha gardas de neuroloxía pero de modo localizado, o que vai supoñer menor máis cansanzo para os profesionais e peor retribución.

A realidade é que a perda de persoal está deixando na precariedade extrema varias unidades (neurocirurxía, neuroloxía, neumoloxía, infecciosos, urxencias, farmacia, laboratorios, radioloxía, cociña, Oza, centro de saúde de Ventorrillo, Matogrande, Culleredo, Cambre, Arteixo,...

A falta de persoal repercute directamente na asistencia sanitaria tanto na súa calidade como na súa accesibilidade e aí se ven as listas de espera, incluso en atención primaria.

SOS Sanidade Pública pide o apoio para esta concentración convocada pola Xunta de Persoal. Motivos sobran.

Un saúdo
Ramón Veras Castro, en representación da Plataforma pola mellora e defensa da sanidade pública de A Coruña (SOS Sanidade Pública A Coruña). 696394788

martes, 27 de outubro de 2015

Nova concentración en Santiago para pedir a introdución da vacina do meningococo B no calendario oficial

Unha nova morte por meninxite. Un neno. De Boiro. A familia pensa que foi polo meningococo B pero non está confirmado por parte do Sergas.

A Plataforma de Ciudadanos por la Salud, de Arteixo, convoca nova concentración en Santiago para o próximo día 1. A nai do neno vai participar.